Antía Chamosa finaliza segunda no CGTD no autonómico de marcha

Pontevedra
21 de novembro 2021

Un total de 126 deportistas déronse cita este domingo nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para disputar o Campionato Galego de Marcha ao aire libre. Antía Chamosa, da Sociedad Gimnástica de Pontevedra e que partía como favorita, non foi capaz de revalidar título autonómico nos 5.000 metros

Campionato Galego de Marcha o aire libre no CGTD
Campionato Galego de Marcha o aire libre no CGTD / Cristina Saiz

Un total de 126 deportistas déronse cita este domingo nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para disputar o Campionato Galego de Marcha ao aire libre. Antía Chamosa, da Sociedad Gimnástica de Pontevedra e que partía como favorita, non foi capaz de revalidar título autonómico nos 5.000 metros.

A culpable de que Chamosa quedase co mel nos beizos foi a tamén aspirante ao primeiro caixón do podio, Carmen Escariz, do Ourense Atletismo, que superou a todas as súas competidoras para alzarse como nova campioa galega de marcha. A atleta da Gimnástica tívose que conformar coa medalla de prata e Alba Pérez, do Atletismo Negreira, foi bronce.

Na categoría masculina, e coa gran ausencia de Daniel Chamosa, o campión de Europa máster e campión de España na mesma categoría, Juan Manuel Morais, do Marineda Atlético e gran favorito ao título, fixo o propio para facerse co primeiro posto no Campionato Gallego. Segundo foi Ismael Díaz, do Atlético Sada, e terceiro, Pablo Sánchez, da Atlética Lucense.

GAÑADORES EN CATEGORÍAS INFERIORES

En 3.000 metros sub-16 feminino, Oleksandra Kostenko, da Atlética Lucense, fíxose coa medalla de ouro; Sabela Castelo, do Vila de Cangas, fixo o propio en 2.000 metros sub-14 feminina. En masculina gañou Manunel Díaz, do Marineda Atlético.

Nos 2.000 metros marcha sub-12 masculina gañou Tomás Bautista, do Atletismo Porriño e, finalmente, nos 1.000 metros sub-10 feminina e masculina gañaron Carlota Chaos e Antón Fernández, ambos da Atlética Lucense.

Consulta os resultados do Campionato Galego de Marcha ao aire libre