Xornada sobresaliente para a marcha española no Mundial de Tokio, coa pontevedresa Antía Chamosa como unha das grandes protagonistas.
A atleta da Sociedad Gimnástica logrou esta madrugada un brillante sétimo posto na proba de 20 quilómetros marcha, igualando a súa mellor marca persoal cun rexistro de 1:27:55.
Recentemente proclamada Campioa de España en ambas as dúas distancias da marcha atlética, Chamosa soubo ler a carreira á peerfección, manténdose entre as posicións 14 e 15 durante a primeira parte e sempre cerca do grupo de cabeza.
A partir do ecuador da proba, Antía despregou a garra que a caracteriza e escalou posicións até integrarse no grupo líder, cruzando a meta pouco despois da tetracampeona mundial María Pérez (1:25:55).
A tamén española Paula Juárez finalizou no posto 22 cun tempo de 1:31:50.
"Estou súper contenta. Ser sétima do mundo é algo que non me esperaba. Saín con ganas de dalo todo", confesou a atleta unha vez finalizou a carreira.
"Ía con obxectivos pequeniños e atopeime moi ben. Foi a carreira da miña vida", recoñeceu.
Con este resultado, Antía pon un broche de ouro a unha tempada excepcional na que compartiu protagonismo co seu irmán, Dani Chamosa, quen tamén vén de asinar unha das súas mellores tempadas en categoría absoluta.
O dos Chamosa é doutro 🌏
— atletismoRFEA (
Antia Chamosa 7ª do mundo 🥹 super feliz ela e nós máis aínda ✨#EspañaAtletismo 🇪🇸 #PasiónporCompetir ❤️🔥 pic.twitter.com/RafLvdI8XjatletismoRFEA) September 20, 2025