Ao Poio Pescamar sobráronlle cinco minutos ante o Universidad de Alicante (2-4)

Poio
11 de marzo 2017

O conxunto vermello plantou cara a un dos mellores equipos da categoría e dominou o marcador durante moitos minutos, pero terminou sucumbindo nuns polémicos minutos finais  

Silvia Aguete nun partido entre Poio Pescamar e Universidad de Alicante
Silvia Aguete nun partido entre Poio Pescamar e Universidad de Alicante / Diego Torrado

Contra as cordo puxo o Poio Pescamar a un dos mellores equipos da categoría, o segundo clasificado Universidad de Alicante, pero terminou cedendo nuns polémicos minutos finais (2-4).

Sobráronlle cinco minutos ás vermellas, que dominaron o marcador durante gran parte do encontro, desde o minuto 5 no que Ceci á saída dun córner lograba o primeiro tanto do partido facendo inútil a presión inicial das visitantes.

O choque igualouse sen grandes ocasións de gol, ata que de novo Ceci, esta vez de falta directa no minuto 15, ampliaba a vantaxe. Intentou reaccionar o Universidad antes do descanso, pero a madeira e Silvia Aguete evitárono.

Gran primeira parte das xogadoras de Marcio Santos, que empezaron a sufrir no segundo acto cando pouco despois de comezar, no minuto 22, Sara reducía distancias.

A intensidade era máxima e os minutos ían pasando sen cambios, ata que chegaron os polémicos cinco minutos finais. Mónica Castillo facía o empate trala quinta falta das locais, e un minuto máis tarde Paula Morote rubricaba a remontada grazas a un dobre penalti.

Apostou entón Marcio Santos polo xogo de cinco na busca do empate, pero o que chegaría sería a sentenza visitante deixando sen premio o gran esforzo do equipo vermello.

POIO PESCAMAR (2): Silvia, Jenny Lores, Ceci, Jessy, Ale de Paz -cinco inicial- Carol, Suki, Patri Corral, Charo.

UNIVERSIDAD DE ALICANTE (4): Jennifer, Anita, Lara Terrés, Paula Morote, Sara -cinco inicial- Mónica Castillo, Txitxo, Pao, Anna Riera, Elena, Mari Ángeles, Aída

Amoestacións: Ceci no Poio Pescamar e Sara Navalón no Universidad.

Goles: 1-0 Ceci (min.5), 2-0 Ceci (min.15), 2-1 Sara (min.22), 2-2 Mónica Castillo (min.35), 2-3 Paula Morote (min.36), 2-4 Mari Ángeles (min.38).

Incidencias: Partido de liga disputado no Pavillón da Seca ante máis de 300 espectadores.