Aprazada a viaxe a Canarias do Arxil por un positivo no seu rival, o Magec Tías

Pontevedra
07 de decembro 2020

O club pontevedrés tiña previsto xogar este martes 8 de decembro nas Palmas, pero cancelou a súa viaxe tras detectar o seu rival un positivo nas probas previas. A pesar de que o positivo non se confirmou na posterior PCR, o Arxil xa perdera a súa reserva de voos e hotel

Partido de Liga Femenina 2 entre el Arxil y el Baxi Ferrol no CGTD
Partido de Liga Femenina 2 entre el Arxil y el Baxi Ferrol no CGTD / Mónica Patxot

A Covid volve cruzarse no camiño do Club Baloncesto Arxil na Liga Feminina 2, que aínda segue pendente de recuperar a xornada perdida fronte ao Ibaizábal vasco a domicilio.

O conxunto pontevedrés tiña previsto desprazarse este martes 8 de decembro ás Palmas de Gran Canaria para enfrontarse ao Magec Tías, equipo que pecha a clasificación nunha xornada clave para o futuro das verdes na competición.

Con todo unha das xogadoras do cadro canario non superou os test de detección de coronavirus previos á xornada da pasada fin de semana, realizados o xoves, o que supuxo a posta en corentena de todo o plantel. Ante esta situación a Federación Española de Baloncesto autorizou a suspensión dos partidos que tiñan planificados nos próximos días.

Tras esa noticia o Arxil apresurouse a cancelar o seu desprazamento coa axencia de viaxes para tentar non perder o importe dos voos e a reserva do hotel. A sorpresa chegou xa a fin de semana cando o Magec Tías informaba que a proba  PCR á que despois foi sometida a súa xogadora deu un resultado negativo.

Xa era tarde, e ante a imposibilidade de recuperar o seu reserva de voos, o encontro non se xogará na data prevista. Desta forma os clubs negocian agora establecer unha nova data para o encontro.