Aprazado o Cortegada-Arxil polas lesións que arrastra o plantel pontevedrés

Pontevedra
11 de novembro 2016

Cinco xogadoras do equipo pontevedrés tiñan moi difícil chegar ao partido deste sábado en Vilagarcía, polo que o Arxil solicitou a suspensión do mesmo a Cortegada e á Federación Española de Baloncesto. "El Cortegada se ha portado como un club señor", recoñecen agradecidos desde o club verde

Carla Fernández, lesionada no partido entre Arxil e Celta
Carla Fernández, lesionada no partido entre Arxil e Celta

O derbi provincial da Liga Feminina 2 entre Cortegada e Arxil, previsto para este sábado 12 de novembro no pavillón de Fontecarmoa, foi aprazado polos problemas físicos que arrastra boa parte do plantel pontevedrés.

Cinco xogadoras do equipo verde tiñan moi complicado chegar á cita en condicións de xogar, polo que o Arxil solicitou a suspensión ao Cortegada e á Federación Española de Baloncesto, que aprobou este venres o cambio de data.

Lino Vázquez: "El Cortegada se ha portado como un club señor"

"El Cortegada se ha portado como un club señor", recoñece o directivo arxilista Lino Vázquez.

Aínda que desde o corpo técnico esperábase recuperar á maioría de xogadoras, finalmente a evolución non foi a desexada.

Waleska Pérez conta cun forte golpe na espada que non só lle impide adestrar, senón tamén durmir con normalidade, Ana Román recupérase dunha rotura de fibras, Carla Fernández sofre unha escordadura e Maria Lago arrastra problemas no ombreiro. Ademais Ana Martín, aínda que reapareceu a pasada xornada, non está plenamente recuperada se lesión.

Ante esta situación, e co beneplácito da Federación, o partido entre Cortegada e Arxil xogarase finalmente o xoves 8 de decembro ás 12:00 horas.