Aprazan a carreira popular Conca do Lérez prevista para o 1 de maio

Cerdedo Cotobade
29 de abril 2015

Barállase o 17 de maio como nova data para a súa celebración. A mala previsión climatolóxica e a baixa inscrición ata o momento, xustificantes da decisión

Jorge Cubela, José Balseiro e Julio Sayáns na presentación da Carreira Conca do Lérez
Jorge Cubela, José Balseiro e Julio Sayáns na presentación da Carreira Conca do Lérez / PontevedraViva

A mala climatoloxía que avanzan as previsións meteorolóxicas e a baixa inscrición ata o momento motivaron o aprazamento da carreira popular Conca do Lérez.

A organización da proba busca agora unha nova data para poder retomar o proxecto, barallándose como máis problable o domingo 17 de maio.

Desta forma mantense aberto o prazo de inscrición para que os ateltas interesados poidan formalizar a súa participación, segundo anunciou a empresa Gestsport.

A carreira popular Conca do Lérez conta cun percorrido de 18 quilómetros, que parten dende a ponte romana de Cerdedo para atravesar Cotobade pasando pola Carballeira de San Xusto e concluír no Parque Arquelógico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, segundo explicaron na presentación do evento os alcaldes dos municipio implicados.