Non haberá máis cambios no banco do Arosa polo menos até final de tempada.
O club arlequinado confirmou a súa aposta definitiva por un home da casa, David López 'Perú'.
O até agora técnico do xuvenil de División de Honra permanecerá até final de curso como máximo responsable do plantel de Terceira RFEF, coa que afrontará o reto de tentar ascender de categoría.
Así o acordou na tarde do luns a comisión deportiva e a xunta directiva do Arosa.
Fano reforzados ademais pola remonta do equipo no feudo do Polvorín (2-3) que supuxo o primeiro triunfo con Perú no banco.
David López estará acompañado no seu corpo técnico por Álex Tubío como preparador físico.
Agora o Arosa traballa en reestruturar a súa organigrama de canteira, xa que a decisión supón unha substitución definitiva no equipo xuvenil de División de Honra, ao non ser posible compaxinar a dirección de ambos os dous equipos.
"O club aposta por un adestrador da casa, deixando clara a confianza nel de face ao futuro", afirma o Arosa.