Arosa e Alondras confórmanse cun empate no último partido da primeira fase de Terceira División (0-0)

O Salnés
28 de marzo 2021

Arosa e Alondras víronse as caras este domingo na última xornada da primeira fase de Terceira División na Lomba. Ambos conxuntos xogaron un partido pouco vistoso que terminou con empate sin goles

Partido entre Ribadumia e Arosa na Senra
Partido entre Ribadumia e Arosa na Senra /

Arosa e Alondras víronse as caras este domingo na última xornada da primeira fase de Terceira División na Lomba. Ambos conxuntos xogaron un partido pouco vistoso que terminou con empate sin goles.

Aínda así, o equipo arlequinado saíu a por todas, xerando claras ocasións por mediación de Cotilla, Pablo Pillado e Pedro Beda que puideron desequilibrar a balanza.

Pola súa banda, os visitantes conformáronse co empate sen goles, pecháronse atrás e realizaron un bo labor defensivo.

O punto de inflexión chegou cando se cumpriu a hora de xogo, cando o colexiado sacou a segunda cartolina amarela a Diego, que acabou abandonando o campo e deixando ao Alondras en minoría.

A pesar da superioridade numérica, o Arosa non foi capaz de abrir a lata, mentres os de Cangas daban un paso adiante deixándose ver pola portería de Manu Táboas pero sen perigo ningún.

Co 0-0 concluíu o encontro e con el, repartición de puntos para dous equipos que loitarán pola fase de ascenso.

O Arosa chega con 41 puntos, os mesmos que o Somozas, un menos que a Polvorín (40) e 4 máis que o Alondras (37). Pola súa banda, Bergantiños e Arenteiro lideran a fase con 48 e 47 puntos respectivamente.

Consulta a acta do Arosa-Alondras