O Arosa desvela o seu calendario de pretemporada con seis partidos e dous triangulares

O Salnés
22 de xullo 2026

O conxunto arlequinado arrancará cos adestramentos o luns 27 de xullo e disputará o seu primeiro encontro de preparación o sábado 1 de agosto ante o Pontevedra Club de Fútbol

Bancada da Lomba no partido de liga entre Arosa e Pontevedra da tempada 21-22
Bancada da Lomba no partido de liga entre Arosa e Pontevedra da tempada 21-22 / Cristina Saiz

Falta menos dunha semana para que o Arosa inicie o novo curso co primeiro adestramento da tempada.

Os de Gonza Fernández volven ao traballo este luns 27 de xullo e, nesa mesma semana, disputrarán o seu primeiro partido da pretemporada.

Será o sábado 1 de agosto con motivo do Trofeo San Roque.

Os arlequinados recibirán na Lomba a un Pontevedra Club de Fútbol que chegará ao choque con máis rodaxe, pois os granates arrancaron os seus adestramentos o pasado 15 de xullo e disputarán o seu primeiro partido o día 29 ante o Deportivo Fabril.

Non hai tempo que perder para os de Gonza Fernández, que se desprazarán até San Miguel de Deiro o mércores 5 de agosto para enfrontarse a un Portonovo que quere medir forzas de cara ao seu regreso a Terceira Federación.

Tres días despois, o sábado 8, a escuadra vilagarciá visitará ao Villalonga FC no Campo Novo San Pedro. Será o terceiro test da pretemporada para o Arosa.

Tras este encontro chegará o maior parón desta intensa pretemporada para os pupilos de Gonza Fernández, pois non volverán medir as súas forzas até o triangular do venres 14 co Fabril e a SD Compostela. Será no Municipal de Burgáns.

Os arlequinados encararán o final do mes de agosto cun duelo ante o Boiro (mércores 19) e un novo triangular en Burgáns (sábado 22), nesta ocasión co Cambados e o Estradense como rivais.

O mércores 26 visitarán o Campo de Fútbol O Morrazo para enfrontarse co Alondras e o último exámen da pretemporada chegará o sábado 29 cun derbi ante o Céltiga no campo de fútbol Salvador Otero.

Tras este duelo afrontarán a súa primeira semana de competición, pois o calendario de Segunda Federación arrinca a fin de semana do 5-6 de setembro coa primeira xornada de liga.

Serán, por tanto, seis semanas de pretemporada nas que o Arosa disputará seis encontros e dous triangulares que fan un total de dez partidos de preparación.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora