Nova derrota do Club Baloncesto Arxil e quizá unha das máis dolorosas no que vai de tempada. O conxunto pontevedrés, que saíu á cancha moi enchufado, foi de máis a menos e desfíxose por completo no último cuarto para terminar cedendo por 92-71 fronte o Vega Lagunera.
As de Marita Janeiro colleron unha lixeira vantaxe no marcador nada máis comezar o encontro con cinco puntos consecutivos de Moreira e outros catro de Laneiro que obrigaron ao técnico local a parar o cronómetro (2-9).
Houbo unha lixeira melloría (7-11), pero entre Moreira e Laneiro encargáronse de guiar ao seu equipo e pechar o primeiro cuarto cunha renda de once puntos (15-26).
Acertara co aro con moita facilidade o Arxil, pero todo cambiou no segundo cuarto. O conxunto canario fortaleceu a súa defensa e ás verdes empezoulles a custar anotar, mentres vían como o seu rival recortaba distancias aos poucos da man de Stevanovic e Adepoju.
Roters volteó o luminoso a favor dos locais a falta dun minuto para o descanso; Zivaljevic, con dous tiros libres, devolveu a vantaxe ás de Marita, pero Luque, no último segundo, anotou un triplo para enviar o partido ao descanso en 45-43.
Tras o paso polos vestiarios, as visitantes aguantaron grazas ao acerto de Laneiro e Moreira (57-62), pero tras un tempo morto, o Vega Lagunera respondeu cun parcial de 8-0 que puxo o 65-62 antes do último cuarto.
Todo estaba por decidir, pero eran as canarias as que se mostraban máis firmes en tarefas ofensivas, anotando dez puntos de Stevanovic, Ocete e Luque (75-64).
Esta vez foi Marita Janeiro a que parou o tempo, pero non serviu de moito, e é que o seu rival xa non tiña freo e continuaba facendo dano en cada ofensiva. Tratou o Arxil de deter a hemorraxia, pero se desvaneceu por completo até caer por un contundente e inmerecido (92-71).
Consulta as estatísticas neste enlace