Continúan os problemas no Club Baloncesto Arxil.
O equipo pontevedrés, que viña de conseguir unha vitoria esperanzadora fronte ao Cortegada, volveu mostrar a súa versión máis irregular e caeu este fin de semana un duelo directo pola permanencia fronte ao Robles Lleida (77-68).
O partido comezou costa arriba para as de Marita Janeiro, que sufriron o arranque demoledor das catalás cun parcial de 8-0.
O Arxil, obrigado a remar contracorriente, tardou en reaccionar, pero fíxoo. Mostrou unha melloría tanto defensiva como ofensiva no segundo período, logrando apertar o marcador até os dous puntos (23-21).
Tras o descanso chegou o mellor momento das pontevedresas. Con orde e acerto, as verdes conseguiron porse por diante no marcador por primeira vez (33-34), sementando de dúbidas a un Lleida que tivera o partido controlado até ese instante.
Con todo, o acerto exterior volveu ser determinante a favor do cadro local, que recuperou rapidamente o mando e colocouse cunha vantaxe de nove puntos (53-44) ao comezo do último cuarto.
Nos minutos finais, o Arxil tratou de arriscar máis en ataque para achegarse no marcador, pero o Robles Lleida respondeu con firmeza e evitou calquera intento de remontada grazas á súa superioridade defensiva (77-68).
A estadounidense Kelly Chasse foi a xogadora máis destacada do Arxil con 24 puntos.
Consulta as estatísticas este enlace