Sorpresa no CGTD tras a vitoria do Club Baloncesto Arxil no derbi ante o Cortegada (77-60).
O conxunto pontevedrés logrou superar a un dos equipos que mellores resultados estaba a obter neste arranque de curso e que ocupa a terceira praza da clasificación.
A posición na táboa e o rendemento do equipo de Vilagarcía até o momento non se viu reflectido no devir do encontro, que estivo dominado de principio a fin por un Arxil que só tivo que remontar unha parcial inicial de 0-4 en contra. As verdes reaccionaron ao instante para neutralizar ao seu rival, que estivo máis de 5 minutos sen anotar e que lle valeron para colocarse 16-5 no marcador.
Nos últimos compases do primeiro cuarto o Cortegada logrou maquillar o resultado, pero foi un mero espellismo, xa que no segundo cuarto nada puido facer para facer fronte a un Arxil que non estaba disposto a baixar os brazos e que ampliou a súa renda até os 17 puntos (36-19).
Tras o intermedio (45-32), ambos os dous equipos sufriron para anotar, reflectíndose nun baixo tenteo de 10-11 durante o terceiro cuarto, que seguiu baixo control absoluto do equipo da Boa Vila antes do último período (55-43).
O guion do partido non cambiou no último cuarto, no que o cadro pontevedrés sentenciou para imporse finalmente por 77-60.
Destacaron na faceta ofensiva Lucía Flores, máxima anotadora do Arxil con 16 puntos, seguida de Lemongang con 15 e Chasse con 14.
Consulta as estatísticas neste enlace