Arxil leva un derbi de infarto impoñéndose pola mínima a Cortegada (56-57)

Pontevedra
17 de xaneiro 2016

O Arxil tomou Fontecarmoa, derrotando a Kemegal Cortegada por só un punto, nun partido no que as defensas superaron aos ataques. A vitoria permite ás de Mayte Méndez seguir na pelexa polas catro primeiras prazas, opción da que parece quedar definitivamente descartado o cadro arousán

Partido entre AD Cortegada e CB Arxil en Fontecarmoa
Partido entre AD Cortegada e CB Arxil en Fontecarmoa

Derbi de alta voltaxe e emoción ata o asubío final. O Arxil tomou Fontecarmoa, derrotando a Kemegal Cortegada por só un punto, nun partido no que as defensas superaron aos ataques. A vitoria permite ás de Mayte Méndez seguir na pelexa polas catro primeiras prazas, opción da que parece quedar definitivamente descartado o cadro arousán.

Cortegada comezou o partido máis acertado, asinando un excelente primeiro parcial (21-12) e mantendo esa renda ata o descanso (35-26).

O paso polos vestiarios sentou mellor ao Arxil, que axustou o seu defensa ao máximo para reducir as diferenzas ata unha curta marxe (45-43). Esa defensa foi a clave no últimos dez minutos, nos que unha vez máis a faceta defensiva foi clave para deixar a Cortegada en só 11 puntos de anotación.

A falta de tres minutos o marcador reflectía un apertado 50-53 para o equipo verde, que logrou impoñerse nun emocionante desenlace, cun parcial de 11-14 ata o mínimo 56-57 final.

Dentro da igualdade do partido, a xogadora máis valorada do choque foi a local Amy Sill, autora de 16 puntos, 9 rebotes e 19 de valoración. Por parte do Arxil, que acusou a baixa de Yanique Gordon, aínda sen arranxar os seus problemas de visado, cabe destacar o acerto no lanzamento de tres de María González Centeno (3 de 4 intentos)

Consulta aquí as estatísticas completas do partido.