O Arxil pecha o ano con derrota en Barakaldo

Pontevedra
21 de decembro 2024

Heather Forster e Nerea Liste foron as máximas anotadoras do equipo pontevedrés con 14 puntos cada unha

Partido entre Club Baloncesto Arxil e Domusa Teknik ISB no CGTD
Partido entre Club Baloncesto Arxil e Domusa Teknik ISB no CGTD / Cristina Saiz

O Club Baloncesto Arxil puxo punto e final ao 2024 cunha nova derrota ante o Barakaldo. As pontevedresas, pechacancelas da liga Feminina Challenge, non puideron facer fronte ao empuxe dos locais nun partido que se lles escapou das mans no último cuarto.

O encontro comezou cun Arxil dominador, que soubo impor o seu ritmo e chegar a gozar dunha vantaxe de oito puntos.

Con todo, un bo parcial das locais ao final do primeiro cuarto e ao comezo do segundo cambiou o rumbo do partido. O Barakaldo logrou voltear o marcador e marchouse ao descanso cunha pequena renda de catro puntos.

O terceiro cuarto estivo marcado pola máxima igualdade, pero no último foi o conxunto local o que empuxado pola súa afección impuxo a súa lei para distanciarse no marcador e noquear ao Arxil para levar a vitoria por un claro 78-62.

Van Schaik, con 23 puntos, foi a máxima anotadora do Barakaldo, mentres que no Arxil, Forster e Liste lideraron ao equipo con 14 puntos cada unha.

Con esta derrota, o Arxil pecha o ano na última posición da clasificación e deberán traballar duro nos próximos meses para tentar saír desta complicada situación e loitar pola permanencia na categoría.

Consulta as estatísticas neste enlace