Arxil resolve ante BF Aragón (70-51) nun gran primeiro cuarto

Pontevedra
18 de outubro 2015

Vitoria cómoda do Arxil sobre Baloncesto Feminino Aragón. As mozas de Mayte Méndez sentenciaron o partido nun excelente primeiro cuarto no que se mostraron intratables asinando un claro parcial de 23-8 que foi definitivo para o desenvolvemento do choque

Partido entre Arxil e BF Aragón no CGTD
Partido entre Arxil e BF Aragón no CGTD / Diego Torrado

Vitoria cómoda do Arxil sobre Baloncesto Feminino Aragón. As mozas de Mayte Méndez sentenciaron o partido nun excelente primeiro cuarto no que se mostraron intratables asinando un claro parcial de 23-8 que foi definitivo para o desenvolvemento do choque.

O acerto de María Lago, con 7 de 10 nos lanzamentos de dous, para asinar 18 puntos e 25 de valoración, así como o poderío baixo taboleiros do cadro arxilista, que case dobrou ao equipo maño nos rebotes (42 por só 23 das visitantes) con Rosinha Da Luz como dominadora da pintura (11 puntos, 15 rebotes e 20 de valoración) foron as claves dun triunfo xusto e máis amplo do que se esperaba.

Os tres parciais restantes foron de dominio alterno, aínda que de relativa igualdade no luminoso (10-13, 24-19 e 13-11), sempre con claro dominio do cadro verde, que non se viu obrigado a forzar a máquina en ningún momento.

Destacar tamén o acerto no tiro exterior de Ana Martín, con 3 de 6 lanzamentos triplos, mentres que por parte visitante unicamente Beatriz Bollullo (7 puntos e 14 de valoración) sobresae entre o discreto nivel xeral do conxunto aragonés.

Consulta aquí as estatísticas completas do partido.