Ensino Lugo fixo bos os prognósticos e adxudicouse a vitoria sobre un Arxil que só aguantou o tipo no primeiro cuarto, para ir afundíndose paulatinamente nos restantes parciais, ata encaixar unha derrota lóxica, aínda que demasiado avultada.
As pontevedresas estiveron especialmente desacertadas no tiro exterior, asinando un pobre 30% (15 de 50) nos lanzamentos de dous, e un máis pobre aínda 8% (1 de 13) nos triplos.
De nada serviu o bo partido de Yanique Gordon (16 puntos e 18 rebotes), cun excelente 29 de valoración, xa que as súas compañeiras non lle acompañaron nunha tarde desacertada de case todo o equipo.
As mozas de Mayte Méndez conseguiron igualar o primeiro parcial (15-15) para ceder nos tres restantes (16-10, 16-7 e 16-11), nos que o equipo lucense foi ampliando a súa vantaxe ata terminar logrando unha clara e xusta vitoria.