O Arxil cae derrotado en casa ante o Adareva (67-75)

Pontevedra
01 de novembro 2015

O conxunto canario conseguiu a vantaxe definitiva no terceiro cuarto. Primeira derrota na casa das pontevedresas

Rosinha Duarte durante o partido entre Arxil e Tenerife
Rosinha Duarte durante o partido entre Arxil e Tenerife / Diego Torrado

Primeira derrota na casa en liga para o Club Baloncesto Arxil, que se viu superado por un Adareva (67-75) que se mantén no alto da clasificación e invicto.

O conxunto pontevedrés tivo as súas opcións ata os minutos finais, pero non foi capaz de repoñerse a un irregular terceiro cuarto, no que as visitantes lograron escaparse por nove puntos (46-55).

Antes as xogadoras arxilistas dominaran o marcador nos dous primeiros parciais sen conseguir amplas vantaxes nun partido caracterizado pola igualdade.

O traballo en ataque de María Lago (21 puntos) acompañada de Rosinha Duarte (11), mantiña as esperanzas verdes, pero no último cuarto non foron capaces de remontar o marcador adverso.

Este resultado deixa ao Arxil na oitava praza da Liga Feminina 2 cun balance de dúas vitorias e tres derrotas.

Consulta aquí as estatísticas do encontro.