Mal inicio da segunda volta para o Club Baloncesto Arxil, tras caer ante o colíder Ibaizabal por 57-52.
As de Marita Janeiro realizaron unha gran remontada para comandar o partido até o minuto 38, pero terminaron cedendo no sprint final.
O partido comezou costa arriba para as pontevedresas, que encaixaron unha parcial inicial de 7-0 guiado polas locais Usua Iruskieta, que anotou cinco puntos, e Sarasua, con dous. Chasse abriu a lata visitante desde os tiros libres e, aínda que o xogo se igualou, o Ibaizabal logrou manter a vantaxe do inicio.
Con Daniel na cancha, o Arxil colleu aire con sete puntos consecutivos que recortaron distancias (19-14), pero Royale pechou o cuarto cunha canastra que deixou o 21-14 ao termo do primeiro cuarto.
No segundo acto, as visitantes elevaron a súa intensidade defensiva até limitar ao Ibaizabal a só sete puntos.
Tras un inicio con canastra de Díaz e triplo de Royale (26-17), as verdes apenas concederon unha nos nove minutos restantes que, unido ao acerto de Faussurier e Flores, serviu para apertar o marcador ao descanso (28-27).
Tras o paso polos vestiarios, Daniel volteó o electrónico na primeira xogada e Lemongang ampliouna a 28-31. Daniel e Faussurier brillaron desde o exterior, con María González sumando un triplo para a máxima vantaxe (39-47), que Vallejo recortou sobre a bucina (41-47).
As verdes defenderon con solvencia até o minuto 38 (51-52), pero o desgaste pasou factura. Vindel taponou un tiro de Moreira, anotou desde cinco metros (53-52) e as pontevedresas fallaron ocasiones clave de Daniel e Moreira. O Ibaizabal non perdoou, con Vindel e Sarasua anotando o 57-52 definitivo.
A xogadora do Arxil Zhania Daniel, foi a máxima anotadora do partido con 17 puntos.
Consulta as estatísticas neste enlace