As '12 horas de natación' inauguraron a tempada de competicións do Club Natación Galaico

Pontevedra
29 de outubro 2014

Máis de 250 nadadores déronse cita na xornada celebrada o pasado sábado no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontevedra

'12 horas de natación' organizadas polo Club Natación Galaico
'12 horas de natación' organizadas polo Club Natación Galaico / CN Galaico

O Club Natación Galaico inaugurou o pasado sábado a súa tempada de competicións coa disputa das '12 horas de natación' no Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muiños.

Alí déronse cita, ademais de todas as categorías do Galaico, nadadores do CN Ponteareas, CN Villagarcia e o CN Sanxenxo.

En total preto de 250 deportistas nunha xornada intensiva que arrancou cunha toma de tempos organizada polo club lerezano para as súas categorías infantil, júnior e absoluta.

Tras ese control disputáronse as primeiras xornadas das ligas alevín, benxamín e promesa.

Nas diferentes categorías lográronse varias mínimas autonómicas con marcas próximas ás esixidas para participar no Campionato de España.