O Natación Galaico afronta en Xove o inicio da Liga Galega de Clubs

Pontevedra
05 de novembro 2014

O club pontevedrés despraza 20 nadadores co obxectivo de loitar polo primeiro posto da clasificación

Xornada da Liga Galega de Clubs
Xornada da Liga Galega de Clubs

Co inicio oficial da tempada de natación chega o primeiro reto importante para o Galaico no seu obxectivo de ser o mellor club galego.

O club pontevedrés afronta o sábado, 8 de novembro, a primeira xornada da Liga Galega de Clubs, na que se enfrontará a CN Coruña, Fluvial de Lugo, Náutico de Narón, CN Ponteareas e o anfitrión, o Xove.

O Galaico desprazará á localidade lucense un total de 20 nadadores das categorías júnior e absoluta masculina e feminina.

Os deportistas afrontarán un programa coas seguintes probas: 50, 100 e 400 metros estilo libre, 100 braza, 100 bolboreta, 200 costas e 200 estilos.