As acrobacias toman o Municipal

Pontevedra
30 de xuño 2023

Saltos de gran altura, castelos humanos, figuras imposibles e moito espectáculo é o que se está vivindo estes días en Pontevedra pola celebración dos campionatos de España de ximnasia acrobática

Celebración dos campionatos de España de ximnasia acrobática no Municipal
Celebración dos campionatos de España de ximnasia acrobática no Municipal / Mónica Patxot

Saltos de gran altura, castelos humanos, figuras imposibles e moito moito espectáculo é o que se está vivindo estes días no Pavillón Municipal de Pontevedra onde se están celebrando os campionatos de España de ximnasia acrobática e o Open Internacional do Club Treboada.

Desde o 28 de xuño e ata o vindeiro domingo, máis de 900 ximnastas chegados de todos os recunchos do país realizan rutinas en parellas, tríos ou grupos que deixan sen palabras ao numeroso público que acode estes días ás bancadas do pavillón pontevedrés.

O evento servirá ademais para coroar aos campións nacionais en categorías de base e sénior. Mentres que o acento internacional chegará coa disputa do Open, ao que acudirá un dos equipos máis potentes do vello continente que ten a súa sede en Portugal.