Pontevedra despediuse este domingo das acrobacias despois de cinco días de espectáculo nos que os campionatos de España de ximnasia acrobática e o Open Internacional do Club Treboada invadiron o Pavillón Municipal.
Máis de 900 ximnastas procedentes de clubs de todo o territorio nacional e un chegado desde Portugal aterraron na Boa Vila para deleitar a numerosos asistentes que se achegaron para gozar do gran espectáculo no que predominaron os saltos, os castelos humanos e as figuras imposibles.
O evento coroou aos campións nacionais desde a categoría alevín ata a sénior, que realizaron as súas rutinas en parellas, tríos e grupos.