As clases de zumba volven á San Silvestre para animar os instantes previos á saída

Pontevedra
30 de novembro 2022

Carla Novoa amenizará coas súas clases os minutos previos á saída da San Silvestre 2022, no regreso do popular evento ao seu habitual formato o día 31 de decembro. Será a partir das 16.15 horas da tarde sen que sexa necesaria inscrición

Clases de zumba na San Silvestre de 2019
Clases de zumba na San Silvestre de 2019 / Cristina Saiz

A San Silvestre de Pontevedra 2022 quere volver ser a gran festa deportiva que afacía antes da pandemia.

Por iso motivo recuperar este ano o seu formato tradicional, con saída desde a Avenida Montero Ríos e percorrido polo centro da cidade, supón tamén a volta das súas actividades paralelas.

Nese apartado encaixan as clases de zumba de Carla Novoa, que amenizarán a previa do evento o próximo 31 de decembro desde as 16.15 horas na zona de saída.

Trátase, explica a Sociedad Gimnástica, dunha actividade apta para todos os públicos e de balde, para a que non será necesaria inscrición previa.

No que respecta a as inscricións para a San Silvestre, poderanse formalizar desde o día 20 de decembro na planta superior do Mercado de Abastos.