O prazo de preinscrición para participar nas escolas deportivas do Concello de Pontevedra pechou o 19 de setembro con preto de 2.000 solicitudes presentadas. "Superan de xeito ostensible as 1.800 que se ofertaran non curso anterior", subliña o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, quen confirma que a listaxe provisional de admitidos en cada unha das disciplinas publicarase entre o mércores e o xoves na pagina web oficial do Concello e no perfil de Facebook de Deportes Pontevedra.
Os demandantes dispoñen de dous días para revisar as listaxes e notificar ao servizo municipal de Deportes de calquera erro nos mesmos. O posicionamento nestas listas carecen de importancia, debido a que naquelas disciplinas nas que a demanda supere a oferta adxudicaranse por sorteo público.
A oferta municipal inclúe un total de 56 grupos de diferentes idades en 21 disciplinas deportivas impartidas por entidades sen ánimo de lucro, para as que se estableceu unha cota de participación de 50 euros para todo o curso escolar.
Entre os deportes dispoñibles están: tríatlon, atletismo, baloncesto, rugby, fútbol, voleibol, fútbol sala, balonmán, esgrima, tenis, pádel, bádminton, judo, loita olímpica, taekwondo, ximnasia rítmica, xadrez, escalada deportiva, ximnasia acrobática, orientación e ximnasia trampolín.
As listaxes definitivas publicaranse o 30 de setembro e a fase de inscrición levará a cabo no mesmo lugar no que vaia a desenvolverse a actividade e xestionarase directamente coa entidade organizadora do seguinte modo: se lle entrengará ao responsablle da mesma antes do 18 de outubro unha ficha de inscrición cuberta con todos os datos persoais, así como o xustificante do pago da matrícula.