Era un partido clave para o Ribadumia, que recibía a visita dun Galicia Mugardos que marca as prazas de permanencia. Unha vitoria situase aos de Sierra fora do descenso á conta do seu rival, pero os coruñeses souberon aproveitarse das debilidades do equipo aurinegro, que terminou con só nove xogadores ao ser expulsados Jonatan, con dobre amarela, e Miguel Vázquez, con vermella directa.
O partido tivo dúas fases ben diferentes. No primeiro tempo foi mellor o Ribadumia, que se adiantaba no marcador aos 18 minutos, cun gol de Hugo Jiménez.
Pero tras o descanso Jonatan, que vira un temperán cartón e ao que o técnico mantivo no campo de forma arriscada, recibía a segunda amoestación nunha acción evitable, minuto 55, que lle custaba a expulsión.
Foi a acción crave do partido. A partir de aí Galicia Mugardos comezou a crear ocasións e logrou o empate no minuto 67 nun penalti cometido por Javi Sánchez, que puido custarlle a expulsión, pero que o colexiado deixou só en amarela. Álex Díaz transformaba o máximo castigo.
Os coruñeses tiveron mesmo ocasións para facer o segundo gol e levar os tres puntos, máis nos minutos finais cando Miguel Vázquez era expulsado con vermella directa por unha entrada moi dura (minuto 89), pero o Ribadumia aguantou e polo menos salvou un punto.
Consulta aquí o acta do partido.