Goleada do Ribadumia ao Órdenes (4-1) para achegarse á salvación

O Salnés
10 de xaneiro 2016

Vitoria que vale máis que tres puntos. O Ribadumia impúxose ao Órdenes, logrando unha goleada tras remontar o tanto inicial do equipo coruñés, nun partido transcendental na loita pola permanencia. Os tres puntos sitúan ao equipo da Senra a un só de escapar das prazas de descenso, sendo precisamente o Órdenes quen marca agora mesmo o posto de salvación

Partido entre Ribadumia e Órdenes na Senra
Partido entre Ribadumia e Órdenes na Senra / PontevedraViva

Vitoria que vale máis que tres puntos. O Ribadumia impúxose ao Órdenes, logrando unha goleada tras remontar o tanto inicial do equipo coruñés, nun partido transcendental na loita pola permanencia. Os tres puntos sitúan ao equipo da Senra a un só de escapar das prazas de descenso, sendo precisamente o Órdenes quen marca agora mesmo o posto de salvación.

Ademais, os de Sierra conseguen gañar ao seu rival o parcial entre ambos, ao gañar tamén o partido da primeira volta (0-2), o que lle dá vantaxe en caso de empate final a puntos.

E iso que as cousas non comezaron nada ben para o Ribadumia. Sierra volveu sorprender deixando fora do once inicial a Julio Rei e Agus, dous dos seus dianteiros con maior calidade e perigo, e o Órdenes adiantábase pronto, aos 16 minutos de partido, por medio de Cao.

A choiva e o vento dificultaban o xogo, facendo que o Ribadumia non se atopase cómodo. A pesar diso, antes do descanso chegaría un gol sicológico, ao empatar Miguel Vázquez, a falta de catro minutos para o termo da primeira metade.

Nunha tarde con protagonismo para os centrais do equipo aurinegro, Aram daba a volta ao resultado (minuto 63) e en pouco máis de dez minutos, xa co marcador a favor, o Ribadumia asinaba a goleada. Nando marcaba o 3-1 no minuto 74 e Hugo Jiménez redondeaba o resultado tres minutos máis tarde, pechando unha vitoria vital ante un rival directo.

Consulta aquí o acta do partido.