As loitadoras Lydia Pérez e Nerea Pampín preparan o Europeo nunha concentración internacional en París

Pontevedra
06 de marzo 2023

O obxectivo das deportistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva é afinar a súa preparación para os mundiais do 2023, primeira proba clasificatoria para os Xogos Olímpìcos do 2024

As loitadoras Nerea Pampín e Lydia Pérez
As loitadoras Nerea Pampín e Lydia Pérez / Federación Galega de Loita

As loitadoras pontevedresas do CGTD, Lydia Pérez e Nerea Pampín, participan nunha concentración internacional feminina entre o 2 e o 12 de marzo en París.

Convocadas pola selección nacional absoluta feminina, ambas as deportistas forman parte da concentración internacional máis numerosa que se celebra xusto antes do campionato de Europa de loita. A representación española complétaa a balear Graciela Sánchez e a seleccionadora Aurora Fajardo.

O obxectivo desta concentración é o de afinar a preparación das dúas pontevedresas para os mundiais do 2023, que será a primeira proba clasificatoria para os Xogos Olímpicos de París do ano 2024.

Ambas as loitadoras participaron hai unha semana no torneo internacional de Klippan, en Suecia, nas que Pérez logrou unha medalla de bronce e Pampín, de prata.