A Selección Española de Loita convocou a tres deportistas galegos para participar no Campionato de Europa que se está celebrando na cidade croata de Zagreb desde o 16 ao 24 de abril.
Entre os citados atópase a pontevedresa Lydia Pérez, que tratará de conseguir unha medalla a partir deste xoves, xornada na que inicia a súa andaina coa disputa das roldas previas. Os combates polo podio, no peso de -62 quilos, terán lugar este venres en horario de tarde.
Xunto á loitadora que se prepara no CGTD, estará a súa compañeira Nerea Pampín que participa na modalidade de -65 quilos.
Completar un bo papel nesta cita é fundamental para a clasificación para os Xogos Olímpicos de París, pois o Europeo reparte prazas para o mundial de setembro, competición na que estarán en xogo os primeiros billetes para o Olimpo.
Tanto Pérez como Pampín son as loitadoras españolas mellor clasificadas no ranking internacional. Ademais, afrontan este campionato co subidón anímico que supuxo para ambas conseguir medalla no Torneo Internacional ladys Open de Suecia.