A Agrupación Norte 1941 estreará unha nova iniciativa coincidindo co encontro que xogarán Pontevedra e Burgos o vindeiro domingo (17:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón.
Trátase do "Terceiro Tempo Granate", unha proposta que pretende fomentar a boa relación entre afeccionados e persoal do club.
Realizaranse na entrada da bancada de Tribuna, ao termo do partido, esperando poder celebrar un ansiado triunfo coa presenza de xogadores e membros do corpo técnico.
Norte 1941 sinala que durante o terceiro tempo os asistentes poderán adquirir bebidas, bocadillos ou snacks e dispoñerán ademais de posters coa foto oficial do Pontevedra, para que os afeccionados poidan conseguir as firmas dos xogadores do equipo.
Coincidindo co domingo de entroido, o terceiro tempo terá continuación a partir das 22:00 horas no Pub Marilyn.