Mentres o primeiro plantel do Pontevedra traballa en chegar nas mellores condicións posible ao partido desta fin de semana en Asturias, ante o Lealtad de Villaviciosa, as peñas granates pensan xa no importante duelo do día 12 de marzo en Pasarón ante o Valladolid B, rival directo pola cuarta praza.
Por iso, a Agrupación Norte 1941 anunciou a organización dunha nova actividade, unha 'sesión vermú' coa que animarán a previa do encontro.
Celebrarase nos accesos da bancada de Tribuna, no Estadio Municipal de Pasarón, desde as 12:00 e ata aproximadamente as 14:30 horas.
Durante a xornada os afeccionados poderán gozar dun pulpeiro, comida e bebidas ademais de xogos e inchables para os máis pequenos. Os tickets para as racións de polbo (8 euros) poden retirarse previamente nas oficinas do Pontevedra e no Bar Breogán, ou poden reservarse no correo electrónico [email protected] ou na páxina de Facerbook da agrupación de peñas.