"Quedamos emprazadas para falar a partires de setembro coa seguridade de que nos imos entender moi ben". Estas palabras de Carmela Silva, presidenta da Deputación Provincial, serven de resumo e conclusión do primeiro encontro coa presidenta do Pontevedra Club de Fútbol, Lupe Murillo.
Con motivo da presentación do LVI Trofeo Luis Otero, que enfrontará aos granates co Club Deportivo Lugo este martes (20:30 horas) no Estadio Municipal der Pasarón, ambas as dúas dirixentes tiveron a ocasión de reunirse para avanzar que "el apoyo al Pontevedra Club de Fútbol se va a mantener", segundo explicou Murillo.
Será o asunto principal en setembro, toda vez que a Deputación é actualmente o patrocinador principal do club granate, ao que achega 160.000 euros ao ano para figurar no frontal da súa camiseta.
"As administracións deben apoiar aos clubs que levan o nome da provincia ou da súa cidade por España adiante", argumentou Carmela Silva, quen se declarou ademais "encantada de que haxa unha muller presidindo un club de fútbol".
Pola súa banda Lupe Murillo confesou que "sabía que iba a entender lo que es el deporte y el fútbol", toda vez que "es la primera presidenta de la Deputación y además madre de futbolista", en relación ao seu fillo Iago Falqué, xogador que actualmente milita na Roma.
En canto ao Luis Otero, a máxima dirixente do Pontevedra explicou os problemas para pechar o rival do trofeo porque "todos los equipos grandes tenían la pretemporada cerrada".
O choque será o último que os granates xogarán na casa antes do inicio da liga.