Goleada granate en Ourense (0-4)

Pontevedra
13 de agosto 2015

O Pontevedra vence con comodidade ao Unión Deportiva Ourense, equipo creado polos afeccionados do extinto Club Deportivo Ourense e que milita en Segunda Rexional

Banco do Pontevedra no primeiro amigable de pretempada ante o Choco
Banco do Pontevedra no primeiro amigable de pretempada ante o Choco / Diego Torrado

O primeiro Memorial Club Deportivo Ourense foi para o Pontevedra Club de Fútbol, despois dun partido disputado este mércores no Couto no que superou con claridade ao Unión Deportiva Ourense (0-4).

Notouse a diferenza de categoría dos granates e un equipo que foi creado hai un ano polos afeccionados do histórico e tristemente desaparecido club ourensanista e que milita actualmente na Segunda Rexional.

Malia iso os locais saíron con moitas ganas e plantaron cara mentres lles aguantaron as forzas.

Miki, Jacobo, Mouriño e Campillo foron os goleadores do partido

Luisito, que foi homenaxeado polos afeccionados polo seu pasado no Ourense na parte máis emotiva do torneo, aproveitou para dar minutos aos xogadores que menos participaron o martes ante o Lugo.

Os granates só lles restan agora dous amigables antes de comezar a liga, o sábado en Portonovo e o domingo en Vilalonga.