"As socias invitan" no Teucro-Gijón Jovellanos

Pontevedra
08 de marzo 2017

Coa intención de conmemorar o Día Internacional da Muller, a Sociedad Deportiva Teucro presentou unha campaña para o seu próximo partido de liga polas que as socias da entidade poderán convidar a unha persoa a presenciar o encontro

Ángel Iglesias durante o partido entre Teucro e Palma del Río
Ángel Iglesias durante o partido entre Teucro e Palma del Río / Cristina Saiz

Aproveitando a celebración este mércores 8 de marzo do Día Internacional da Muller, a Sociedad Deportiva Teucro presentou unha nova campaña para fomentar a asistencia ao Pavillón Municipal dos Deportes destinada ás súas socias.

Baixo o lema "as socias invitan", a entidade regalará unha entrada para o seu próximo partido a cada unha das súas socias para que poidan convidar a "a quen elas queiran", sinala o club nun comunicado.

O Teucro recibirá este sábado 11 de marzo (20:30 horas) ao Gijón Jovellanos no Pavillón Municipal dos Deportes co obxectivo de sumar a súa vixésima primeira xornada consecutiva sen perder e seguir consolidadndo a súa posición de líder destacado na División de Honra Prata de balonmán.

Quedan "sete finais" para conseguir o ascenso á Liga Asobal, polo que os azuis necesitarán "o empuxe de toda a afección" e á cidade "envorcada co equipo", recoñece a entidade teucrista, para poder conseguir retornar á máxima categoría.