Atletismo de nivel internacional para celebrar as festas da Peregrina

Pontevedra
10 de agosto 2020

O club Atletismo Rías Baixas organiza o venres no CGTD unha competición á que xa confirmaron a súa asistencia os saltadores Jean Marie Okutu, Leticia Gil e Saleta Fernández, así como a lanzadora de xavelina Lida Parada

Lidia Parada, na cuarta xornada do Circuíto de Atletismo en Pista no CGTD
Lidia Parada, na cuarta xornada do Circuíto de Atletismo en Pista no CGTD / Mónica Patxot

As pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva acollerán este venres a celebración da quinta edición da festa do atletismo galego. Un evento que organiza o Club Atletismo Rías Baixas con motivo das festas da Peregrina e que este ano contará cun elenco de deportistas de recoñecido prestixio internacional.

Competirán nas pistas pontevedresas varios campións de España e con ampla experiencia internacional como os saltadores de lonxitude, Jean Marie Okutu e Leticia Gil; a lanzadora de xavelina Lida Parada ou a saltadora de altura Saleta Fernández.

Dadas as restricións de acceso ao público pola situación sanitaria, o evento será retransmitido en directo pola canle de Youtube do club organizador, que contará ademais cun reputado narrador cuxa identidade non foi aínda desvelada.

A competición comezará ás 19.30 e estenderase ata pasadas as 21 horas. Durante ese tempo, os espectadores poderán vibrar coa emoción onde modalidades atléticas entre as que destacan os saltos, a velocidade e os lanzamentos.