Azael García ficha polo Pontevedra ata final de tempada

Pontevedra
13 de xaneiro 2024

Xa é oficial. O Pontevedra Club de Fútbol acaba de confirmar a chegada do lucense Azael García, que regresa a Galicia despois de xogar as dúas últimas tempadas no Valencia Mestalla

Azael García
Azael García

Xa é oficial. O Pontevedra Club de Fútbol acaba de confirmar a chegada do lucense Azael García, que regresa a Galicia despois de xogar as dúas últimas tempadas no Valencia Mestalla.

Azael chegou ao equipo valencianista hai dous anos procedente da canteira do CD Lugo, onde foi unha peza importante á hora de lograr o título de liga en División de Honra. Tamén xogou nas categorías inferiores do Racing Villalbés e RC Celta de Vigo.

No filial do Valencia, que milita no grupo tres de Segunda RFEF, o xogador de 19 anos tivo certa participación nas primeiras xornadas, pero co paso dos partidos foi perdendo protagonismo e acordou a súa fichaxe co Pontevedra ata final de tempada, cubrindo desta forma unha das fichas sub-23 que quedaban libres.