Xornada importante de liga a que se vivirá este sábado 4 de abril (16.15 horas) no Estadio Municipal de Pasarón.
Sábeo o Pontevedra Club de Fútbol e tamén o seu rival, un Barakaldo disparado na terceira posicición con 47 puntos tras sumar 10 dos últimos 12 posibles.
O técnico do conxunto vasco, Imanol de la Sota, compareceu este venres en rolda de prensa antes de poñer rumbo a Galicia, augurando un partido no coliseo granate que "estará sobre todo nos pequenos detalles".
De la Sota non escatimou en eloxios cara a un Pontevedra que ao seu xuízo "está a facer un temporadón" como recentemente ascendido a Primeira RFEF.
"Fixo unha primeira volta espectacular, leva no seu campo desde a xornada 3 sen perder, e o seu balance defensivo é un equipo fortísimo ao que é moi difícil facerlle dano", analiza o preparador do próximo rival do Pontevedra.
"O seu balance defensivo gústame moito porque é valente, porque defende cara adiante, e logo é un equipo que en canto pode xoga cara a adiante", engadiu.
De feito "véxolles igual que sempre", asegurou sobre os últimos resultados granates, "quitando que esa eficacia que tiñan que sen xerar moito eran capaces de facer gol agora estalles a custar algo máis".
Aínda así "é un feudo moi duro no que só gañou o Tenerife", lembrou Imanol de la Sota poñendo ao seu equipo "o reto de ser os segundos capaces de gañar alí. Sabemos da dificultade".
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.