O Club Natación Galaico deberá dicir adeus este verán á súa mellor nadadora, a olímpica Beatriz Gómez Cortés, segundo confirmou a propia deportista no 25 aniversario do Centro Galego de Tecnificación Deportiva: "me da mucha pena irme pero es que ya no hay otra opción".
Bea Gómez: "me da mucha pena irme pero es que ya no hay otra opción"
Bea busca continuar coa súa espectacular progresión para facerse un oco no panorama internacional e para iso conta con tres opcións, aínda que a que conta con máis posibilidades é a de seguir o seu técnico, Pepín Rivera, que fichou polo Club Natación Santa Olaya de Gijón, e abandonar as instalacións do CGTD: "estoy entre irme con mi entrenador a Asturias y también está la opción de Barcelona o Madrid pero la que más me llama en principio es Asturias".
A nadadora pontevedresa dáse 15 días de prazo para tomar unha decisión, pois ten que decidir que carreira universitaria cursará: "está claro que tendré que darle prioridad a los entrenos pero seguiré estudiando, va a ser duro pero valdrá la pena".
MUNDIAL DE BARCELONA
O grande obxectivo do ano para Bea Gómez é o Campionato do Mundo de Natación de Barcelona, que se disputa do 19 de xullo ao 4 de agosto, e para o que logrou mínima en tres probas, un campionato no que a lerezana depositou moitas esperanzas: "ahora que acabé las clases tendré tiempo de centrarme y entrenar a tope, como nunca, porque hay objetivos. Estoy muy ilusionada y más siendo el Mundial en casa, es una oportunidad increíble".