Benidorm espera a un Teucro convencido de lograr o seu primeiro triunfo a domicilio

Pontevedra
08 de outubro 2015

Os azuis visitan este sábado (18:30 horas) a un equipo que de momento se mostra intratable como local co convencemento de que "tendremos nuestra oportunidad" se son capaces de "imponer el ritmo que más nos interesa". Quique Domínguez conta con todo o plantel dispoñible  

Adestramento do Teucro no Municipal
Adestramento do Teucro no Municipal /

O Teucro afronta o primeiro dos catro desprazamentos que debe realizar durante o mes de outubro, entre liga e copa, visitando a cancha do BM Benidorm (sábado, 18:30 horas), un equipo que ata o momento estase a mostrar intratable como local.

Os azuis viaxan convencidos de que "tendremos nuestra oportunidad y opciones" sempre que o equipo poida "imponer el ritmo que nos interesa", explicou Quique Domínguez antes da saída da expedición.

O técnico non contará con ningunha baixa unha vez recuperados Chapela e Rial dos golpes sufridos no último partido, aínda que Edu Moledo e Andrés arrastran diversas molestias.

Para o preparador pontevedrés unha das claves do choque será "atacar bien y con criterio" as alternativas defensivas do Benidorm e dificultar "los lanzamientos desde la primera línea".

O equipo teucrista fixou a saída dende Pontevedra para a madrugada deste venres, tralo último adestramento da semana no Pabellón Municipal dos Deportes.

A parella arbitral encargada de dirixir o choque será a composta polos cataláns García Serradilla e Martín Lorente.