Volta ao traballo para un Club Cisne Balonmán que arranca con ilusión a tempada na que competirá na División de Honra Prata.
Farao cun único e claro obxectivo "que es intentar mantenernos en la categoría". Así o asegurou no primeiro adestramento dos pontevedreses o seu adestrador, un Edín Covelo contento co seu equipo a pesar de contar con "baixas de xente insubstituíble".
O club aposta pola continuidade do bloque que conseguiu o ascenso, reforzado cun par de incoporaciones e que aínda podería sumar un novo xogador antes de dar por pechado o plantel.
Son conscientes de que a tarefa vai ser complicada polo potencial dalgúns equipos da categoría, como o Atlético Valladolid, Bidasoa ou Alcobendas, pero Coveo móstrase optimista porque "viendo lo que vimos el año pasado creo que sí hay posibilidades de conseguir el objetivo", declarou o técnico.
O Cisne comeza a pretempada coas caras novas de Iago Cuadrado, Carlos Pombo, Fabián González e Ramón Gil.