Botín de 16 medallas para os atletas da Gimnástica no Galego Xuvenil e Júnior en Pista Cuberta

Pontevedra
17 de febreiro 2015

Darío Costas foi o atleta máis destacado ao levarse catro medallas de ouro nas 4 probas nas que participou

Atletas da Gimnástica no Galego Xuvenil e Júnior
Atletas da Gimnástica no Galego Xuvenil e Júnior / Sociedad Gimnástica

Grandes resultados para os atletas da Gimnástica no Campionato Galego Xuvenil e Júnior en Pista Cuberta.

O club pontevedrés sumou un total de 16 medallas cun atleta especialmente inspirado, Darío Costas, que logrou catro ouros nas catro probas que disputou (50 metros, 50 valos, altura e pértega en idade júnior).

O máis positivo para Costas foron as súas marcas que, exceptuando a pértega, supoñen a súa clasificación para o Campionato de España.

Pola súa banda Ángel Vargas e Fernando Rial foron outros dos nomes propios con dúas medallas de ouro cada un en categoría xuvenil. Ángel gañou os 50 e os 200 metros, nesta última con mínima para o Nacional, mentres Fernando se impuxo nos 800 e os 1.500 metros.

Tamén logrou dúas preseas Jorge Puig cun ouro nos 1.500 júniors e un bronce nos 800 metros.

O resto de metais foron para Alfonso Pérez (ouro en 400 metros júniors), Jon Alonso (bronce en pértega júnior), Sergio Paredes (bronce en peso júnior), Verónica Echevarría (bronce 200 metros júniors), Andrea Pais (prata 200 metros xuvenil) e Emma Lorenzo (bronce pértega xuvenil).