Os padexeiros pontevedreses que participaron, con grandes resultados, no recente Campionato do Mundo de Piragüismo Maratón de Oklahoma (EE.UU.) recibiron este martes unha pequena homenaxe no Concello.
ÿscar Graña (bronce en C-2), Álvaro Fernández Fiuza (prata en K-2) e Damián González (cuarto en C-1 júnior) foron recibidos polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, ante os cales fixaron as súas próximas metas.
Entre elas destacan o Campionato de España de 2015 e o de Europa de 2016 que organizará Pontevedra, onde os tres queren brillar pero por diferentes causas.
A incógnita sitúase sobre ÿscar Graña, laureado como poucos ao longo da súa extensa carreira e que, aínda que quere aguantar ata 2016, plantéxase a retirada: "Mi intención es llegar a 2016 y acabar en Pontevedra pero el cansancio pesa".
Pola súa banda Álvaro Fernández Fiuza recoñece que "teño moitas ganas e adestro duro para 2016", polo que o próximo ano estará no Campionato de España de Pontevedra, onde espera lograr a clasificación para Europeo e Mundial. Ademais o Descenso do Sella volverá ser un dos obxectivos principais da tempada.
O terceiro en discordia con só 18 anos é Damián González, que afronta con ilusión o seu salto de categoría, de júnior a sub-23, onde espera poder repetir os éxitos do último ano.
Tres padexeiros que segundo o alcalde "enchen de orgullo" á cidade.