Broche de ouro nos Mundiais de Copenhague con ÿscar Graña, Ramón Ferro e Iván Alonso no máis alto do podio

Pontevedra
22 de setembro 2013

Sensacional xornada final do Campionato do Mundo de Maratón para os piragüistas pontevedreses. Oscar Graña e Ramón Ferro proclamáronse campións do mundo en C-2, secundados por Tono Campos e Diego Romero. En K-2, doblete tamén para España con vitoria de Iván Alonso e Emilio Merchán, e medalla de prata para Walter Bouzán e Álvaro Fernández Fiuza

Sensacional xornada final do Campionato do Mundo de Maratón para os piragüistas pontevedreses. Todos os que competían nos barcos dobres lograron medalla. Oscar Graña e Ramón Ferro proclamáronse campións do mundo en C-2, secundados por Tono Campos e Diego Romero. En K-2, doblete tamén para España con vitoria de Iván Alonso e Emilio Merchán, e medalla de prata para Walter Bouzán e Álvaro Fernández Fiuza.

Na final de C-2, o pontevedrés ÿscar Graña e o arousán Ramón Ferro adxudicábanse a vitoria e proclamábanse campións do mundo cun crono de 1:55.35, impoñéndose por só 1 segundo de vantaxe á outra C-2 española conformada polos tamén galegos Tono Campos e Diego Romero. A medalla de bronce foi para os húngaros Kavar e Gyare a 23 segundos dos españois.

Para ÿscar Graña é a súa terceira medalla de ouro nuns Mundiais. Xunto a Ramón Ferro este ano proclamouse tamén campión de Europa. De aí a súa satisfacción ao remate da proba. "Hubo mucho viento, fue una prueba muy dura y estamos muy satisfechos por ganar la medalla de oro", afirmou o canoísta. "Desde las primeras vueltas fuimos relevándonos con Campos y Romero. No pudimos relajarnos en ningún momento. En el quinto y sexto porteo lo intentamos para no acabar al sprint pero al final tuvimos que jugarnos el oro en los últimos metros".

Parecido guión e desenlace na final de K-2. A vitoria e a medalla de ouro foron para o Iván Alonso e o zamorano Emilio Merchán que cun crono de 2:00.59 chegaban á meta, completados os máis de 30 quilómetros con 7 porteos, con 14 segundos de vantaxe sobre o tándem formado polo asturiano Walter Bouzán e o pontevedrés Álvaro Fernández Fiuza. Os húngaros Balint e Milan Noa adxudicábanse a medalla de bronce.

A pesar do segundo posto, Álvaro Fernández Fiuza celebrou o resultado logrado na capital danesa. "Estamos muy satisfechos con el segundo puesto. Estas últimas semanas no fueron fáciles para nosotros, no sabíamos si ibamos a competir. Además, nos ha ganado una embarcación muy fuerte", explicaba o pontevedrés, que recoñeceu que chegaron moi xustos ao final, especialmente tras caer no último porteo.

Tras este resultado, Iván Alonso vaise de Copenhague con dúas medallas, o ouro en K-2 e a prata lograda o sábado na proba de K-1. Dúas son as preseas que se leva tamén, no seu caso ambas de prata, o meco Tono Campos. Por unha banda a lograda este domingo con Diego Romero en C-2 e a obtida na xornada anterior na carreira de C-1.

Unha medalla, que vale o seu peso en ouro, é a que obteñen ÿscar Graña e Ramón Ferro. E Álvaro Fernández Fiuza completou o éxito das embarcacións pontevedresas coa súa prata en K-2, un resultado que, probablemente, lle axude a compensar os problemas que tivo neste campionato coa Federación Española de Piragüismo.