Bueu prepárase para acoller a unha descafeinada Selección Galega de balonmán

Bueu
05 de xaneiro 2017

O combinado galego enfrontarase á Selección de Xapón o vindeiro sábado 7 (20:30 horas) no Pavillón Pablo Herbello de Bueu, pero o cun só xogador da División de Honra Prata (Pablo Galán, do Cisne) ao estar os equipos desta categoría preparando o inminente inicio da segunda volta na súa liga

Partido de balonmán entre Galicia e Marrocos en decembro de 2015
Partido de balonmán entre Galicia e Marrocos en decembro de 2015 / Federación Galega de Balonmán

O Pavillón Municipal Pablo Herbello de Bueu será escenario o vindeiro sábado 7 de xaneiro (20:30 horas) dun partido especial, o da Selección Galega de balonmán, que se enfrontará a Xapón, de xira por Galicia para preparar o próximo Mundial de Francia.

Será con todo un encontro descafeinado pola súa data, xa que ao ser máis tarde do habitual o seleccionador galego, Víctor García 'Pillo', viuse obrigado a prescindir case na súa totalidade dos xogadores da División de Honra Prata, principalmente de equipos como Teucro e Cisne, xa que están a preparar o inminente inicio da segunda volta de competición na súa liga.

Desta forma no partido de Bueu só Pablo Galán (Cisne) milita na segunda categoría do balonmán nacional, correspondendo o resto de convocados principalmente á Liga Asobal e Primeira Nacional.

Pillo tirou do seu proio equipo, o Cangas, que non competirá de novo ata o mes de febreiro, para formar o bloque do combinado galego nunha convocatoria que para este partido estará composta por: Javi Díaz e Víctor Rodríguez (Valladolid); Diego Piñeiro (Ademar León); Pablo Galán (Cisne); Serafín Pousada, David García, Suso Soliño e Moisés Simés (Cangas); Adrián Rosales (Caen Handball); Víctor Couceiro (OAR); Miguel Porto e Ramón Gil (Lalín); Pablo Iglesias e Martín Alfeirán (Xiria); e Rubén Gómez (Chapela).

Galicia e Xapón tamén se enfrontarán o día 8 (28:00 horas) no Rosal, estando convocados para este partido os cineístas David Chapela e Álex Chan.