O técnico do Cacereño, Julio Cobos, eloxiou en rolda de prensa a tempada do Pontevedra: "Dos que subimos é o que mellor clasificado está. É un equipo que leva moito tempo sen perder, desde novembro non perde un partido"
Con todo, e a pesar da dificultade do choque, Julio Cobos ten clara a importancia do encontro: "Un partido que é unha final ante un rival que está moi ben clasificado. Nós necesitamos gañar, creo que estamos a facer moi bos partidos e temos que seguir nesa liña"
Cinco xornadas consecutivas sen perder permitiron o Cacereño escalar posicións ata colocarse a un punto da salvación.
"Estabamos últimos e estabamos practicamente afundidos. Agora mesmo estamos aí na pelexa a un punto de poder saír", destacou o técnico do Cacereño.
🗣️ Cobos: “Tenemos que seguir trabajando cada partido y llegar vivos”.
— CP Cacereño 🟢🐉 (@CPCacerenoSAD) February 13, 2026
➡️ La previa del #CacereñoPontevedraCF en: https://t.co/6qO2wyKoDa#EligeCreer #LaOrdenDelDecano#AúpaCPC pic.twitter.com/7EBD2HivOO
Os bos resultados xunto ás incorporacións de inverno levantaron o ánimo do próximo rival do conxunto granate: "Os resultados mandan e agora mesmo están a ser bos. Hai xente nova e creo que estamos nun moi bo momento".
Entre as incorporacións de inverno do cadro estremeño destaca a de Nico Conesa, ex xogador do Pontevedra que se converteu nun dos indiscutibles para Julio Cobos. O mediocentro foi titular en todos os partidos disputados co seu novo club.
"As fichaxes chegaron nun momento no que o ambiente é bo porque os resultados tamén o están a ser. A adaptación creo que é fácil nestes momentos", afirmou o adestrador do Cacereño.
En canto á enfermaría, o rival do Pontevedra non atravesa o seu mellor momento. Á baixa de longa duración de Deco únense Javi Barrio por acumulación de cartóns, Oussama e Berlanga.
Engade Pontevedra viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.