Xa hai horarios para a xornada 24 de liga en Primeira RFEF, e unha vez máis nunha franxa incómoda para o Pontevedra Club de Fútbol.
Os granates visitarán nesa xornada ao Cacereño no Estadio Príncipe Felipe de Cáceres.
O partido foi fixado para o sábado 14 de febreiro ás 14.00 horas.
O choque será ofrecido ademais pola canle lineal das principais plataformas audiovisuais.
📺 𝗛𝗢𝗥𝗔𝗥𝗜𝗢𝗦 𝗬 𝗧𝗘𝗟𝗘𝗩𝗜𝗦𝗜𝗢𝗡𝗘𝗦 | 𝗝𝗢𝗥𝗡𝗔𝗗𝗔 𝟮𝟰 #PrimeraFederación | #VersusELearning pic.twitter.com/bKs8WUtib5
— Primera Federación Versus e-Learning (@Primera_RFEF) January 30, 2026
É a segunda vez esta tempada que o Pontevedra competirá á hora para comer, tras o duelo da xornada 10 en Pasarón contra o Zamora.
Antes de chegar a esa cita, os granates visitarán este sábado 31 de xaneiro (16.15 horas) ao Talavera e recibirán o domingo 8 de febreiro (12.00 horas) ao Real Madrid Castilla en Pasarón.