O encontro de ida da eliminatoria polo ascenso entre Betis Deportivo e Pontevedra Club de Fútbol cambia de hora.
A pesar de que inicialmente o choque fora anunciado para as 17.00 horas do domingo 26 de maio, a Real Federación Española de Fútbol decidiu este xoves que o inicio do partido atrásase dúas horas, pasando a estar fixado ás 19.00 horas da tarde, tal e como confirmou primeiro o Real Betis e despois o clube granate.
Desta forma, e ante as previsións meteorolóxicas que avanzaban temperaturas de ata 35 graos, o encontro poderase disputar escapando da franxa de maior calor, pola seguridade de futbolistas e do público presente.
O que non cambia é a localización, e é que o escenario da primeira batalla entre o Pontevedra e o filial do Betis será o Estadio Benito Villamarín.