Un campión de España de waterpolo con ADN pontevedrés

Pontevedra
22 de xullo 2025
Actualizado: 11:02

Mario Touriño, pontevedrés e formado no Club Waterpolo Pontevedra, proclamouse campión de España Xuvenil co CW Sevilla

Mario Touriño, coa medalla conseguida no Campionato de España Xuvenil
Mario Touriño, coa medalla conseguida no Campionato de España Xuvenil / CW Pontevedra

O waterpolo pontevedrés triunfa lonxe da casa.

Mario Touriño, xogador pontevedrés formado no Club Waterpolo Pontevedra, é boa proba diso.

Vén de proclamarse campión de España Xuvenil co CW Sevilla, entidade coa que compite desde o pasado verán.

Na competición nacional, celebrada na localidade catalá de Terrasa, o Sevilla impúxose na gran final ao Barceloneta (7-4).

Durante o campionato, Mario achegou ao seu equipo dous goles, ambos na fase preliminar.

Tamén competiu no Nacional de 1ª Categoría outro xogador con pasado no CW Pontevedra, o ferrolán Mario Paz, que quedou ás portas da final co CN Barcelona pero que levou a casa a medalla de bronce.