Un campión de España de waterpolo con ADN pontevedrés

Pontevedra
22 de xullo 2025
Actualizado: 11:02

Mario Touriño, pontevedrés e formado no Club Waterpolo Pontevedra, proclamouse campión de España Xuvenil co CW Sevilla

Mario Touriño, coa medalla conseguida no Campionato de España Xuvenil CW Pontevedra

O waterpolo pontevedrés triunfa lonxe da casa.

Mario Touriño, xogador pontevedrés formado no Club Waterpolo Pontevedra, é boa proba diso.

Vén de proclamarse campión de España Xuvenil co CW Sevilla, entidade coa que compite desde o pasado verán.

Na competición nacional, celebrada na localidade catalá de Terrasa, o Sevilla impúxose na gran final ao Barceloneta (7-4).

Durante o campionato, Mario achegou ao seu equipo dous goles, ambos na fase preliminar.

Tamén competiu no Nacional de 1ª Categoría outro xogador con pasado no CW Pontevedra, o ferrolán Mario Paz, que quedou ás portas da final co CN Barcelona pero que levou a casa a medalla de bronce.