O fútbol sala nacional de base ten unha cita na comarca coa celebración do Campionato de España Sub-10 tanto en categoría masculina como feminina.
Até 24 seleccións autonómicas competirán entre o mércores 15 e o domingo 19 de abril na competición que se desenvolverá en Poio, Sanxenxo e Meaño.
En concreto as sedes do torneo, que este luns foi presentado en cada un dos municipios implicados, serán o pavillón da Seca en Poio, os de Baltar e Vilalonga en Sanxenxo e o de Dena en Meaño.
Por alí pasarán preto de 400 mozos deportistas de todo o estado.

Un Campionato de España que supón ademais "un movemento moi considerable de familiares que acompañan aos xa case 400 deportistas desprazados", asegurou o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto.
A competición divídese en dúas fases, unha liguiña inicial de grupos que se desenvolve de mércores a venres e unha fase final por eliminatorias que se disputará entre o sábado e o domingo.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.