Canceladas as competicións nacionais de piragüismo ata o 27 de xuño afectando ás que se ían a celebrar en Pontevedra

Pontevedra
26 de abril 2020

Entre as citas aprazadas están a 26 edición da Baixada Internacional do río Umia, e os campionatos nacionais: Copa de España de Maratón no río Lérez; a II Copa España Esprint Olímpico en Verducido; a Copa España 'Jóvenes Promesas' Cadete 1000 m Verducido; o III Torneo 1ª División Absoluta Masculina; III Torneo 1ª División Absoluta Iberdrola, e II Torneo 1ª División sub-16 de kaiak polo, en Verducido

Campionato Galego de Piragüismo de Novas Promesas no río Lérez
Campionato Galego de Piragüismo de Novas Promesas no río Lérez / Federación Galega Piragüismo

A Federación Española de Piragüismo anunciou que amplía ata o 27 de xuño a cancelación das competicións.

Cumprindo coas medidas de recomendación das autoridades sanitarias que prolongan a inactividade competitiva, xa se suspenderon un total de 48 probas, sumando 26 novas nacionais e 2 internacionais.

Entre as citas aprazadas, todas con data sen determinar para a súa posible celebración, atópanse as dúas probas internacionais Eurochallenge, que debía disputarse en Alicante, e a 26 edición da Baixada Internacional do río Umia, en Ribadumia.

Así mesmo, foron suspendidas a Copa de España de Maratón no río Lérez; a II Copa España Esprint Olímpico en Verducido; a Copa España 'Jóvenes Promesas' Cadete 1000 m Verducido; o III Torneo 1ª División Absoluta Masculina; III Torneo 1ª División Absoluta Iberdrola, e II Torneo 1ª División sub-16 de kaiak polo, en Verducido.

Pola súa banda, queda no aire o Campionato de España de Sprint Olímpico que está previsto que se celebre do 31 de xullo ao 2 de agosto no caso de que as autoridades sanitarias o permitan.